ABDICACIÓNS DE BAIONA

Nome co que se coñecen as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España a favor de Napoleón Bonaparte no mes de maio de 1808 na cidade francesa de Baiona, resultando ao final Xosé I Bonaparte o novo rei español.

AFRANCESADOS

Nome con carácter despectivo co que os patriotas se referían aos españois que apoiaban o goberno de Xosé I Bonaparte e que pensaban que era o único medio para lograr a renovación en España. Eran un grupo reducido, na súa maior parte pertencentes ás elites sociopolíticas e culturais do país.

MANIFESTO DOS PERSAS

Documento subscrito por deputados partidarios do antigo Réxime que solicitaban ao rei a abolición da Constitución de 1812 e o restablecemento do absolutismo. Foi entregado a Fernando VII en 1814 ao seu regreso a España logo da derrota francesa e serviulle de base para decretar o restablecemento do absolutismo (Sexenio Absolutista).

PRAGMÁTICA SANCIÓN DE 1830

Documento aprobado polo rei Fernando VII que anulaba a Lei Sálica promulgada por FIlipe V, permitindo no futuro o acceso ao trono das mulleres da familia real, como a súa primoxénita Sabela II. Non foi aceptada polo seu irmán Carlos, o que deu lugar ao comezo dun conflito sucesorio.

PRONUNCIAMENTO

Termo aplicado durante o século XIX para designar un golpe de Estado ou levantamento militar que tiña por obxectivo derrubar un Goberno. Foron moi numerosos e decisivos na evolución do sistema político liberal español. Un exemplo victoriosos é o pronunciamento liberal de Riego contra o réxime absolutista de Fernando VII.

SUFRAXIO CENSITARIO

Sistema electoral no que só unha parte minoritaria da poboación (seleccionada por criterios económicos ou sociais) podía formar parte dun censo electoral e ter dereito ao voto. Foi característico do reinado de Sabela II e defendido polo liberalismo moderado ou conservador.

SUFRAXIO UNIVERSAL

Sistema electoral no que teñen dereito a votar todas as persoas maiores de idade. Durante o século XIX foi defendido polo liberalismo democrático, sendo recollido por vez primeira na Constitución de Cádiz en 1812. Ata a II República, este tipo de sufraxio só incluía aos varóns en España (sufraxio universal masculino).

TRATADO DE VALENÇAI

Acordo asinado entre Napoleón Bonaparte e Fernando VII en decembro de 1813 como consecuencia das derrotas francesas durante a Guerra da Independencia e polo cal o primeiro recoñecía ao segundo como rei de España e retiraba as tropas francesas da península. Supuxo a renuncia ao trono español de Xosé I.

ESTATUTO REAL

Decreto de 1834 (redactado a instancias do liberal moderado Martínez de la Rosa) polo que a raíña rexente María Cristina de Borbón convocaba as Cortes do reino de España. Polo seu contido, considérase como unha “carta outorgada”. O seu carácter conservador provocou o rexeitamento da maior parte dos liberais.

UNIÓN LIBERAL

Partido político fundado polo xeneral O´Donnell durante o Bienio Progresista e que agrupaba á esquerda moderada, á dereita progresista, e numerosos militares. Era un partido de centro, sen unha ideoloxía concreta e partidario da monarquía constitucional de Isabel II (monarquía liberal doutrinaria). Na época da Restauración formará parte do Partido Conservador.

DESAMORTIZACIÓN

Conxunto de leis que modificaron o réxime de propiedade permitindo a apropiación e venda por parte do Estado de propiedades daquelas institucións que tiñan prohibida a venda dos seus bens raíces. As principais operacións fixéronnas Mendizábal, Espartero e Madoz, coincidindo con momentos nos que os progresistas acceden ao poder.

CANTONALISMO

Modelo de organización territorial que defende a creación dun Estado composto por unidades políticas territoriais soberanas (os cantóns) que mediante acordos libres (“de abaixo arriba”) se unen formado a federación española. En 1873, durante a Primeira República e no goberno de Pi y Margall (republicano federal), os partidarios do cantonalismo protagonizaron insurreccións como a de Cartaxena.

CACIQUISMO

Paraáctica política levada a cabo polos caciques, persoas que controlaban os votos do seu territorio, para garantir a quenda de partidos durante a Restauración borbónica iniciada en 1875. O lema dos caciques era: “para os inimigos a lei, para os amigos o favor” e cos favores agradecían a fidelidade electoral.

ENCASILLADO

Mecanismo de fraude electoral característico da Restauración borbónica para manter a quenda de partidos. Consistía na negociación da lista entre o goberno e a oposición dos candidatos que debían saír elixidos nas eleccións. A nivel local, os caciques eran os encargados de garantir o resultado negociado.

MANIFESTO DE SANDHURST

Documento elaborado por Cánovas del Castillo e asinado, en decembro de 1874, por Afonso de Borbón. Neste manifesto, de carácter conservador, indicaba a necesidade de restaurar a monarquía borbónica en España, presentándose como un rei respectuoso co sistema liberal constitucional e defensor da orde social e a relixión católica.

PUCHEIRAZO

Método empregado durante a Restauración borbónica (a partir de 1875) para manipular os resultados electorais e permitir o triunfo dun determinado candidato. Consistía na substitución no pucheiro (urna electoral) dos votos xa emitidos por outros favorables ao candidato que se desexaba que saíse elixido, ou na modificación da acta do reconto dos votos.

SISTEMA DE QUENDA

Elemento fundamental do sistema político da Restauración baseado na alternancia pacífica no poder dos dous partidos dinásticos, o conservador e o liberal. Foi ideado por Cánovas del Castillo (líder do Partido Conservador). O obxectivo era evitar o intervencionismo do exército, os enfrontamentos políticos e que a oligarquía monopolizase o poder político.

LUDISMO

Movemento social de protesta xurdido en Inglaterra a principios do século XIX no que os obreiros destruían as máquinas e incendiaban fábricas acusadas de supoñer a perda de postos de traballo e o empeoramento das condicións laborais. Foi unha das primeiras manifestacións do movemento obreiro e tivo un carácter espontáneo e violento. En España os primeiros sucesos foron os de Alcoi.

REXENERACIONISMO

Corrente intelectual, política e literaria que xurdiu a partir do desastre do 98 e que partía da análise dos problemas de España para tratar de rexenerala e modernizala. Denuncia a corrupción e o atraso económico e cultural. O seu principal representante foi Joaquín Costa, que propugnaba acabar co caciquismo, reducir a pobreza e fomentar a educación.

CONVERSO

Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente á que profesaba anteriormente. Nos séculos XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo. O aumento do número de conversos agravou o odio popular contra eles. Moitos foron vítimas do Tribunal da Inquisición.

MOURISCO

Musulmán obrigado a converterse ao cristianismo por orde dos monarcas en diferentes momentos como o 1502 en Castela. Os mouriscos das Alpuxarras granadinas subleváronse en 1568 contra o trato discriminatorio que recibían e foron expulsados de Granada en 1570. En 1609 Filipe III ordenou a expulsión dos mouriscos dos seus reinos, despoboándose así numerosas comarcas.

GRAN ARMADA

Gran flota formada por Filipe II en 1588 para desembarcar en Inglaterra e destronar á raíña protestante Sabela I, e garantir a seguridade da chegada dos cargamentos de metais preciosos de América atacados por piratas ingleses. Estaba integrada por uns 130 navíos e comandada por Alonso Pérez de Guzmán, duque de Medina Sidonia.

TERZOS

Unidade militar de infantería, de ataque e defensa, formada por soldados profesionais, voluntarios ede recrutamento, creada por Carlos I no século XVI.Estaba organizada en tres seccións, combinando o uso de armas brancas e de fogo. Supuxeron un avance fundamental no proceso de modernización dos exércitos europeos da época. Destacaban os Terzos de Flandres.

UNIÓN DE ARMAS

Proxecto político elaborado en 1625 polo conde-duque de Olivares, no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da monarquía que ata entón recaía unicamente sobre Castela. A finalidade era crear un gran exército composto por soldados procedentes de todos os reinos que garantise a hexemonía dos Austrias españois en Europa.

VALIDO

Secretario real ao que o soberano outorgaba a súa confianza, ata o punto de entregarlle a dirección do goberno do reino. En España, como noutros reinos europeos, a privanza xeneralizouse no século XVII, cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno e dedicábanse a labores de representación na corte.Destacou o conde-duque de Olivares no reinado de Filipe IV.

XUNTAS DO REINO DE GALICIA

Institución creada no século XVI que actuaba como portavoz das sete provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia ante a Coroa de España. Estabanintegradas polos deputados das cidades capitais das sete provincias galegas e presididas polo Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia.

Semana Trágica

Movimiento popular que tuvo lugar en Barcelona en julio de 1909 en protesta por el envío de reservistas a luchar en la guerra de Marruecos. Provocó una huelga general y una revuelta social de signo anticlerical y antimilitar duramente reprimida lo cual condujo a la caída del gobierno conservador de Maura. La aplicación de la Ley de jurisdicciones y la dura represión de la revuelta (durante la Semana y después: condena a muerte de Ferrer i Guardia) conduce a los liberales a cuestionar el turnismo pacífico, base de la Restauración.

Desastre de Annual

Derrota de las tropas españolas en la guerra de Marruecos a manos de los rifeños comandados por Abd-el-Krim. La batalla tuvo lugar en julio de 1921 y acentuó la crisis de la monarquía de Alfonso XIII, desembocando en el golpe de estado del general Primo de Rivera de 1923.

Expediente Picasso

Conjunto de documentos elaborados por la comisión nombrada en 1922 para delimitar y depurar las responsabilidades políticas y militares del desastre de Annual (1921), que estaba presidida por el general Juan Picasso lo cual dio origen a esta denominación, “Expediente Picasso”; sus conclusiones y el debate que generó alcanzaron tanto a los militares como al propio monarca, Alfonso XIII propiciando el golpe de estado de Primo de Rivera en 1923.

Directorio Militar

Primera etapa de la dictadura de Miguel Primo de Rivera que durará de 1923 a 1925; se la denomina así porque el gobierno está totalmente compuesto por militares. Sus principales éxitos fueron la restauración del orden público (mediante la represión del movimiento obrero, la declaración del estado de guerra y la generalización del somatén a todo el territorio) y la solución al problema de Marruecos o “cuestión marroquí” (inseguridad y pérdida de control de parte del territorio tras Annual) con la victoria de Alhucemas.

FAI

Iniciales de Federación Anarquista Ibérica fundada en 1927 como una escisión dentro del anarquismo promovida por los partidarios de la insurrección revolucionaria frente a las tesis más moderadas de la CNT. Su principal estrategia fue la acción revolucionaria o “gimnasia revolucionaria”.

Pacto de San Sebastián

Alianza formada en agosto de 1930 por diversos partidos republicanos, nacionalistas catalanes y regionalistas gallegos cuyo objetivo fundamental era acabar con la monarquía y proclamar una república utilizando tanto la vía electoral como la vía insurreccional. En octubre de 1930 los socialistas acordaron adherirse y participar en el futuro gobierno de la República que se instauró tras el triunfo electoral de los partidos firmantes del Pacto, en las elecciones municipales de abril de 1931.

Sanjurjada

Se denomina así al intento de golpe de Estado contra la Il República protagonizado por el general Sanjurjo en Sevilla en agosto de 1932; fracasó y el general Sanjurjo fue juzgado y condenado a muerte, aunque el gobierno conmutó la pena capital por cadena perpetua. Posteriormente fue indultado y se exilió a Portugal, desde donde participó, con papel destacado, en la conspiración antirrepublicana de marzo-julio de 1936 que conduce a la Guerra Civil, si bien falleció en accidente de aviación antes de llegar a España.

CEDA

Iniciales de la Confederación Española de Derechas Autónomas fundada en febrero de 1933 y que, bajo el liderazgo de Gil Robles y con el apoyo de la jerarquía católica española y del Vaticano, movilizó a las masas católicas del país en defensa de la religión, la familia, el orden y la propiedad presentándose como gran alternativa conservadora a las coaliciones republicanas – socialistas durante la ll República

Bienio Negro

Segundo bienio de gobierno de la II República, noviembre de 1933 a febrero de 1936. Llamado también gobierno rectificador o radical- cedista como consecuencia de su política rectificadora y contraria a la desarrollada durante el Bienio Reformista (Social-azañista) y por estar integrado por el Partido Radical de Lerroux en alianza con la derechista CEDA de Gil Robles. El termino Bienio Negro es despectivo y fue acuñado por las izquierdas republicanas sobre todo tras la fallida revolución de octubre de 1934.

Frente Popular: Coalición electoral de republicanos, socialistas, comunistas, nacionalistas y sindicalistas (incluido el apoyo de la CNT) cuyo objetivo era derrotar a la derecha en las elecciones de febrero de 1936. Su alianza se basó en un programa de mínimos: amnistía de todos los encarcelados por la revolución de octubre y reposición de las principales reformas del gobierno Azaña de 1931 – 33.