Momentos Clave de la Historia de España: Dictaduras, Reformas y Conflictos
La Dictadura de Miguel Primo de Rivera: Directorio Militar y Civil (1923-1930)
Durante la dictadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930), se distinguen dos etapas bien diferenciadas: el Directorio Militar (1923-1925) y el Directorio Civil (1925-1930). Aunque ambos compartieron un carácter autoritario y la supresión de la Constitución de 1876, presentan diferencias importantes en su composición y objetivos.
El Directorio Militar (1923-1925)
El Directorio Militar, instaurado tras el golpe de Estado de septiembre de 1923, estuvo formado exclusivamente por militares, con Primo de Rivera al frente. Esta etapa tuvo como objetivo principal “regenerar” la vida política, acabar con el caciquismo y restablecer el orden en un contexto de fuerte crisis social y política. Se suprimieron las instituciones parlamentarias, se disolvieron los ayuntamientos elegidos democráticamente y se impuso la censura de prensa. El rey Alfonso XIII respaldó esta toma del poder, lo que debilitó gravemente la imagen de la monarquía a largo plazo.
El Directorio Civil (1925-1930)
En cambio, el Directorio Civil, que comenzó en diciembre de 1925, intentó ofrecer una imagen de mayor normalidad institucional. Primo de Rivera sustituyó a los militares por civiles afines, aunque el poder seguía concentrado en sus manos. Se creó la Unión Patriótica, un partido único que debía sostener al régimen, y una Asamblea Nacional Consultiva, sin funciones legislativas reales, que pretendía simular una estructura representativa. Esta etapa buscó institucionalizar la dictadura, pero sin restaurar la Constitución ni convocar elecciones democráticas.
A lo largo del Directorio Civil, el régimen fue perdiendo apoyos sociales, económicos e institucionales. El fracaso de sus reformas, la oposición creciente de intelectuales, universitarios y obreros, y la crisis económica tras la caída de la peseta condujeron al desgaste definitivo de la dictadura. Finalmente, Primo de Rivera dimitió en enero de 1930, lo que dejó al rey en una posición muy comprometida y aceleró el camino hacia la Segunda República.
O Franquismo e a Lei de Sucesión de 1947
O texto pertence ao ámbito político e relixioso do franquismo. Trátase dun fragmento dunha pastoral do bispo de Ourense sobre o referendo da Lei de Sucesión de 1947, un momento clave na consolidación institucional do réxime franquista.
Contexto Histórico
Tras a Guerra Civil (1936-1939), Francisco Franco instaurou unha ditadura de carácter autoritario, nacionalcatólico e anticomunista. En 1947 promulgouse a Lei de Sucesión na Xefatura do Estado, que proclamaba que España sería un reino, pero sen designar aínda un rei. A través dun referendo nacional, Franco buscaba lexitimar o seu poder e garantir a continuidade do réxime tras a súa morte.
Nese contexto, a Igrexa católica xogou un papel fundamental como apoio ideolóxico e moral da ditadura, colaborando coa súa propaganda e asociando os valores do réxime cos da fe cristiá.
Análise do Documento
No documento, o bispo de Ourense defende abertamente a Lei de Sucesión de 1947 e chama á cidadanía a apoiala no referendo. Identifica a “orde, a espiritualidade e a vitalidade” coa España de Franco, fronte á “revolución vermella”, que representa o caos, o ateísmo e a destrución moral, en referencia á Segunda República e ao comunismo.
Este discurso encaixa co nacionalcatolicismo, ideoloxía oficial do franquismo, que identificaba a fe católica coa identidade nacional española. Para os sectores afíns ao réxime, apoiar a lei era apoiar a “España auténtica”. O texto transmite tamén a idea de que non hai neutralidade posible (“entre a luz e as tebras non hai alianza”), o cal reforza o discurso totalitario do franquismo.
Consecuencias da Lei de Sucesión
A Lei de Sucesión permitiulle a Franco consolidarse como xefe vitalicio do Estado e preparou o camiño para a futura restauración da monarquía baixo o seu control (Juan Carlos I sería nomeado sucesor en 1969). Así, o réxime procuraba garantir a súa continuidade institucional, mesmo despois da morte do ditador.
As Desamortizacións en España (1836-1867)
A táboa proposta fai referencia á cantidade de cartos recadados (expresada en millóns de reais) nas diferentes desamortizacións levadas a cabo en España ao longo do século XIX (en concreto, entre 1836 e 1867), así como os bens afectados polas mesmas. Observamos que no primeiro período unicamente se desamortizan propiedades eclesiásticas (casa clero = 3.447 millóns de reais), pero, a medida que avanza a centuria, os bens expropiados se diversifican de xeito que todas as casas recollen valores positivos. O groso do recadado procede da venda de bens da Igrexa, seguido a bastante distancia dos ingresos provenientes das propiedades dos concellos: mentres os primeiros permitiron recadar ao Estado 5.024 millóns de reais, os segundos só supuxeron 2.158 millóns (é dicir, aproximadamente unha cuarta parte do total recadado).
Contexto e Obxectivos das Desamortizacións
A táboa amosa os resultados económicos das desamortizacións levadas a cabo en España entre 1836 e 1867, diferenciando o valor dos bens expropiados segundo a súa procedencia: clero, beneficencia, concellos e outros propietarios. Este proceso forma parte das reformas liberais desenvolvidas durante o século XIX, especialmente no reinado de Isabel II, co obxectivo de acabar coas “mans mortas”, aumentar os ingresos do Estado e consolidar o réxime liberal.
Períodos e Impacto
- Primeiro período (1836-1844): Desamortizacións de Mendizábal e Espartero
Centradas exclusivamente no clero. O valor total desamortizado ascende a 3.447 millóns de reais, procedentes integramente dos bens da Igrexa, o que confirma o seu forte impacto sobre o patrimonio eclesiástico. Neste momento non se tocaban aínda os bens dos concellos nin os de beneficencia.
- Segundo período (1855-1856): Bienio Progresista e Desamortización de Madoz
Neste caso, a medida ampliouse a outros ámbitos: afectou ao clero (324 millóns), pero tamén á beneficencia (167 millóns), aos concellos (160 millóns) e a outros propietarios (116 millóns), alcanzando un total de 767 millóns de reais. Aínda que a cantidade é inferior, a súa importancia reside no carácter máis xeral da medida.
- Terceiro período (1858-1867): Vendas efectivas da Desamortización de Madoz
O seu impacto foi aínda maior: 4.150 millóns de reais. Destaca especialmente a expropiación aos concellos (1.998 millóns), o que provocou a perda de terras comunais utilizadas polo campesiñado, aumentando a desigualdade social.
Balance Xeral
En total, entre 1836 e 1867 desamortizáronse bens por valor de 8.364 millóns de reais, sendo o clero o máis afectado (5.024 millóns), seguido polos concellos. A táboa mostra que o proceso tivo éxito en recadar fondos e consolidar o liberalismo, pero non logrou unha verdadeira reforma agraria, xa que favoreceu ás clases adiñeiradas e deixou fóra o campesiñado pobre. Ademais, os recursos obtidos non se investiron en modernización agrícola nin industrial, polo que se considera unha oportunidad perdida para o desenvolvemento económico real do país.
Erros Comúns en Historia de España
Errores Frecuentes
- Afirmar que houbo unha rebelión en Portugal durante o reinado de Felipe II.
- Dicir que a Gran Armada debía achegarse a Escocia para apoiar un levantamento.
Aclaracións e Correccións
Sobre Portugal e Felipe II
Portugal non se rebelou contra Felipe II. Tras a crise sucesoria de 1580, Portugal quedou unido á Monarquía Hispánica baixo a figura de Felipe II, pero conservou as súas propias leis, moeda e administración. Polo tanto, non se pode falar dunha “rebelión” como principal conflito, senón dunha unión dinástica que respectaba a autonomía do reino luso. A unión de Portugal foi, de feito, un dos principais logros peninsulares de Felipe II.
Sobre a Gran Armada (Armada Invencible)
A Gran Armada (coñecida como Armada Invencible) non tiña como obxectivo achegarse a Escocia. O plan real era que a armada saíse de Lisboa, cruzase o Canal da Mancha e recollera en Flandres ás tropas dos Terzos do duque de Parma, para desembarcar no sur de Inglaterra. Non se esperaba un levantamento en Escocia nin un desembarco por esa zona. O obxectivo era unha invasión directa de Inglaterra.